Wednesday 01 de May de 2024

Inés Rey: “O mandato do diálogo da os seus froitos en beneficio da Coruña”


A alcaldesa confirma que mañá luns comezará o derribo das casas de San José

Considera que as críticas do PP responden á súa interinidade, falta de liderado e proxecto de cidade

A alcaldesa, Inés Rey destacou esta mañana nunha entrevista radiofónica que se ten consolidado o mandato da amabilidade, cooperando e dialogando con outras administracións en beneficio dos intereses da cidade, nas súas palabras “este mandato da amabilidade que comprometín ao inicio do meu goberno está a dar os seus froitos” e puxo como exemplo o novo Chuac, a intermodal, a cidade das TIC, o dragado da ría do Burgo ou o tren a Langosteira, “numerosos asuntos que fomos capaces de desatascar froito do diálogo e da lealdade institucional, dunha forma de entender a política que pon por riba de todo o interese e o benestar dos cidadáns”.

Respecto aos presupostos agradeceu as aportacións da Marea Atlántica e confirmou que “pronto, en semanas, haberá uns presupostos progresistas, adaptados ás necesidades das persoas e que permitirán avanzar á cidade para que o 2022 sexa o ano da recuperación económica e social”.

Inés Rey criticou que o PP teña moito interese en “esaxerar as lexítimas diferenzas que poida haber entre os grupos progresistas, co obxectivo de que se olvide o ambiente tenso e improductivo de pasados mandatos” e lembrou que cando gobernaba o PP non se debatían mocións da oposición e que agora existe outro clima de traballo, “outra forma de facer política máis construtiva, aberta e dialogante”. A alcaldesa achacou algunhas das críticas do PP “a situación de interinidade que vive o Partido Popular na Coruña, á súa falta de liderado e de proxecto de cidade”.

Derribo das casas San José
Inés Rey confirmou que mañá luns 10 de xaneiro procederase ao inicio do derribo das casas de San José, unha vez que o Concello conta con autorización xudicial para proceder á actuación. A alcaldesa destacou que esta intervención, que levaba 25 anos pendente, “permitirá acabar cun punto negro de droga e mellorar a mobilidade na Avenida Finisterre”. Sinalou que a actuación que comezará mañá prolongarase unhas 14 semanas.

Inversión en barrios
Rey asegurou que en 2020 investíronse 12 millóns de euros en obras de melloras nos barrios e no 2021, en plena pandemia 15, preto de 30 millóns de euros executados nos dous últimos anos nos dez distritos da cidade, creando ou mellorando 30.000 metros cadrados de espazos peonís en 2021.